INGLÉS E PLÁSTICA

Xa estamos rematando o curso! 
Para esta última semana preparei o xogo "Quen quere ser millonario?". 
Seguro que as vosas familias coñecen a versión que salía na tele fai algúns anos. 

Tedes que responder 15 preguntas seguidas, relacionadas cos temas que traballamos este curso en INGLÉS e algúns temas do curso pasado (1º). Non vos preocupedes se non estades seguros dalgunhas respostas. Podedes elixir un comodín (que aparecen enriba de cada pregunta á esquerda) para recibir axuda. 


En PLÁSTICA podedes facer debuxos empregando formas xeométricas. Tedes exemplos aquí,  aquí e aquí

Desfrutade moito das vacacións!


08/06/20
Podedes descargar aquí un novo recurso de INGLÉS e PLÁSTICA para repasar as prendas de roupa. 


01/06/2020
Podedes decargar aquí un novo recurso de INGLÉS para repasar os números e as cores. 


28/05/2020
En PLÁSTICA podedes intentar facer algo como esto. Consiste nunha cadea de casas, pero non é necesario que sexa tan longa como as que aparecen no exemplo. Se cortades un folio á metade e dobrades unha das metades dúas veces é suficiente. 


25/05/2020

Podedes descargar un novo recurso de INGLÉS aquí para repasar o vocabulario que estabamos aprendendo o último día de clase. 


18/05/2020


Podedes descargar un novo recurso de INGLÉS aquí, para repasar as partes da casa. (Tamén inclúe a actividade de plástica). 

En PLÁSTICA tamén imos traballar a casa:
Vemos este vídeo para obter un cadrado a partir dun folio. 
Despois vemos este vídeo para facer unha casa de papel. 
Visitamos esta páxina para decorar mellor a casa que fixemos, debuxando varias partes da casa. 
Escribimos os nomes das partes da casa (mellor en inglés). 



11/05/2020  


Podedes descargar un novo recurso de INGLÉS aquí para volver a repasar os xogos e as partes do colexio. 

Os alumnos que teñen máis dificultades poden descargar un recurso de repaso máis sinxelo aquí (para que traballen ao seu ritmo durante as vindeiras semanas, en lugar de facer as outras actividades propostas en inglés). 

As fichas nas que tedes que escoitar as palabras de vocabulario soamente funcionan con Google Chrome e Safari. 


  
      07/05/2020               


PLÁSTICA: os propongo que hagáis vuestro retrato con comida (pasta, legumbres, fruta, ...) o material escolar (lápiz, goma, afila, ...) que tengáis en casa. ¡Hacedlo con las manos recién lavadas y la mesa muy limpia!
Después podéis escribir un título en inglés para vuestra obra, repasando las comidas y las partes del cuerpo que aprendisteis en primero. 
Este es mi ejemplo:

Se titula: My mouth is a banana. 


4/05/2020        
            
Tedes un novo recurso de INGLÉS aquí para repasar os días da semana. 


 27/04/2020

Tedes un novo recurso de INGLÉS aquí para repasar o tema dos xogos e as partes do colexio



20/04/2020

Tedes unha mensaxe secreta aquí en INGLÉS para os que xa rematáchedes tódalas fichas anteriores. 




13/04/2020


Tedes un novo recurso de INGLÉS aquí para os que xa rematáchedes as actividades anteriores. Seguimos repasando os temas traballados no colexio (a roupa). 

Tedes un novo recurso de PLÁSTICA aquí para que practiquedes debuxando membros da vosa familia e animais. Hai moitos animais pero non tedes que facelos todos! Son suxestións para que elixades os que prefirades. 


25/03/2020

Tedes un novo recurso de INGLÉS  aquí.É un documento con enlaces a varias actividades en liña para repasar os temas traballados este curso. 

Estas actividades tamén poden facerse dende un teléfono móbil (non soamente dende ordenador ou tablet). 




20/03/2020

INGLÉS

11.    Xogo para repasar o vocabulario:

Precisades papel, lapis e un dado.

1º Tedes que facer unha lista con 6 palabras pertencentes ao mesmo tema.

2º Cada xogador precisa un anaco de papel no que deberá escribir os números do 1 ao 6 en vertical.

3º Por quendas, tirades o dado e escribides a palabra correspondente no seu lugar. Se xa tedes esa palabra, non escribides nada nesa quenda.

4º Gaña quen escriba antes as 6 palabras.

Déixovos exemplos das listas que podedes facer. Buscade máis vocabulario nos vosos cadernos.
Tamén podedes engadir debuxos para cada palabra.

HOUSE

1
Bedroom        

2
Bathroom      

3
Living room    

4
Dining room    

5
Garden            

6
Kitchen            

CLOTHES

1
T-shirt          

2
Trousers      

3
Jumper         

4
Hat            

5
Scarf           

6
Shoes    
2.    Podedes ver un tutorial para elaborar un mini-libro e completalo con vocabulario dalgún dos temas traballados.
Tutorial aquí.
Por exemplo, podedes empregar a frase “I am wearing” (eu levo posto) e describir as prendas de roupa nas diferentes estacións do ano (spring, summer, autumn, winter).



3.    Videos:
Recomendo as seguintes contas de Youtube:
- Steve and Maggie – Wow English TV
- English Singsing

Buscade vídeos nesas contas relacionados cos temas traballados neste curso (house, animals, games, clothes) ou de temas traballados en primeiro: (school objects, body parts, food).

PLÁSTICA

1: Coa axuda dun adulto que recorte o plástico, podedes empregar algo que teñades na casa para facer un xoguete. Por exemplo:
Coa botella poderedes xogar lanzando tapóns ou bolas de papel.


2: Seguro que lembrades a Estatua da Liberdade que fixemos na clase seguindo as instrucións.



Durante os días que imos a estar na casa podedes copiar algúns dos seguintes debuxos.



  
O  primeiro paso é dobrar o folio dúas veces. Despois debuxamos cada liña onde corresponda. Por último coloreamos.


As instrucións obtívenas da páxina artprojectsforkids.org



17/03/2020

É para ir facendo aos poucos, e senon se fai todo non pasa nada.

Plástica:  

1. Debuxa un cómic sobre as actividades que realizas estes días (ler, ver a televisión, poñer a mesa, facer a cama...).

2. Copia esta obra (O berro, de Munch) debuxándote a ti como protagonista.


Inglés:  
Vocabulario: 

A headache: dolor de cabeza  

Earache: dolor de oreja  

Toothache: dolor de diente  

Tummy ache: dolor de barriga  

A cold: un resfriado  

A cough: tos  

A cut: corte  

A sore throat: dolor de garganta











18 comentarios:

  1. Ya descifré el código.
    # I am wearing a brown jumper , black trousers and white shoes.
    # I am in the living room,on the sofa.
    #I have got a black cat.
    Uxue Taboas Barros 2A

    ResponderEliminar
  2. Profe Paula,el primer código es: I am wearing a brown jumper,blue trousers and white shoes

    ResponderEliminar
  3. Profe Paula,el primer código es: I am wearing a brown jumper,blue trousers and white shoes

    ResponderEliminar
  4. Profe Paula,el segundo código es: I am in the living room on the sofa

    ResponderEliminar
  5. Profe Paula,el tercer código es: I have got a black cat

    ResponderEliminar
  6. ¡Muy bien! Veo que tenéis solo una pequeña diferencia.

    Me gustaría que me comentaseis el tipo de actividades que os gustan más: juegos con dados y papel, fichas de escuchar y unir, escuchar y completar, sopas de letras, códigos secretos, juegos competitivos, dibujar y describir...

    ¡Estaré atenta a vuestros comentarios!

    ResponderEliminar
  7. A mi me gusta mucho la sopa de letras,los códigos y juegos con papel.
    Uxue Taboas 2A

    ResponderEliminar
  8. Los mensajes secretos del día 27 son:
    I can play football in the gym
    I play board games in the classroom
    I can play basketball in the playground

    ResponderEliminar
  9. Correcto! Moi ben!

    ResponderEliminar
  10. Me gusta mucho el de codigos secretos y el de fichas para unir.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Genial! Seguiré poniendo actividades de ese tipo =)

      Eliminar
  11. Los mensajes son
    1= I play cards in the living room
    2= The clock is in the kitcen.

    ResponderEliminar
  12. Hola las fichas en las que hay que escuchar no me va ni en la tablet ni en el ordenador del cole.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como cada vez más gente está usando esa página, algunos días está un poco saturada y no deja ver las fichas.

      Si te deja ver la ficha pero no escuchar lo que dicen, puedes hacer el resto de ejercicios y dejar los de escuchar sin hacer.

      ¡Descifraste muy bien los mensajes secretos!

      Eliminar
  13. Hola teacher Paula, hice la casa de plástica y me gusto mucho la actividad. Otro día podemos hacer rabbit.
    Carla 2ºA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Me alegro mucho de que te gustase!
      Yo intento recomendaros actividades que podáis hacer con materiales que todos tengáis en casa, pero hay muchísimas ideas geniales en internet y si tenéis lo necesario para hacerlas os animo a que hagáis todas las posibles :)

      Eliminar

DESPEDIDA

Hoxe rematan as clases e as profes despedímonos. Foi un pracer estar con vós este tempo, vervos medrar e aprender moitas cousas, rir con vós...