Hoxe
, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Sabes como se celebra?
Pensa
que cousas podes facer ti para coidar o medio ambiente e anótaas nun papel. A
que se che ocorren moitas?
Agora
fai clic no seguinte vídeo, comproba se che esqueceu algo e engádeo á túa
lista.
Pasa
a limpo esa lista, decóraa e cólgaa nun lugar visible. Así todos na casa lembraredes
que hai que facer para coidar o medio ambiente. O planeta agradecerávolo!
Para
finalizar, aquí vos deixo unha canción sobre o medio ambiente.
AVISO: LA FICHA PUEDE DAR ERROR EN ALGUNAS ORACIONES. Podéis hacerla igual y dejar la que no podais poner. Hoy vamos a trabajar ordenar frases para formar oraciones. Vamos a hacer dos fichas una más fácil y otra un poco más difícil.
Bos días, lembrade que hoxe 2ºC non ten recreo virtual. Esta semana será o venres ás 11:30.
A semana que vén continuaremos co horario habitual.
Un saúdo
Hoy vamos a utilizar un juego para recordar el concepto de repartir. Repartir es darle a cada uno la misma cantidad de cosas. Ejemplo: Tengo seis caramelos y los voy a repartir entre dos amigos. A cada amigo, le doy tres caramelos.
Pues vamos con el juego, seguro que después de jugar lo tenéis aún mas claro.
Volvemos cun quizizz de lingua galega. Estos vos resultan algo mais difíciles, así que, hai que fixarse ben. Lembrade poñer nome e curso, e que podedes realizar varios intentos. Estará activo ata o sábado.
Bos días. Infórmovos de que esta semana o recreo virtual da clase de 2ºC cámbiase para o venres ás 11:30.
A semana que vén continuaremos co horario habitual.
Un saúdo
Vamos allá con unos cuantos problemas. Recordamos los pasos: 1. Leemos con atención. 2. Volvemos a leer y subrayamos datos y pregunta. 3. Copiamos datos y pensamos que operación hay que hacer. 4. Realizamos la operación y escribimos la solución. A. He ido a la papelería y compré 2 lapices a 50 céntimos cada uno, y tres gomas a 15 céntimos cada una. ¿Cuánto gasté? Si tenía 325 céntimos, ¿cuánto dinero me sobra? B. El curso de primero se va de excursión, si hay 37 niñas y en total son 61.¿ Cuántos niños hay en primero? Si al final van también 59 de segundo, ¿cuántos alumnos van ahora? C. Invéntate un problema de sumar con estes datos, 167 y 323.
Imos
continuar cos hábitos saudables que empezamos a repasar onte.
Quédannos
tres. Tedes o papel para seguir anotando todo o que podedes mellorar?
Comezamos!
1. Sono
É importante durmir unhas 8 horas
diarias para que a mente e o corpo poidan descansar e liberar tensións. Crear rutinas
para a hora de deitarse axuda a crear un bo hábito do sono.
Algunhas pautas a seguir son:
·Establecer un horario para deitarse.
·Rodearse dun ambiente tranquilo e cómodo, unha luz tenue que
convide á relaxación.
·Cear alimentos lixeiros.
·Non beber moito antes de deitarse.
·Non utilizar dispositivos dixitais antes de ir para cama
porque que fan que te actives. É moito mellor ler un conto.
A falta de sono pode afectar
negativamente o estado de ánimo, do mesmo xeito que a capacidade para concentrarte
nas tarefas diarias.
2.
Exercicio físico
Investigacións destacan que facer
exercicio físico todos os días, axuda a mellorar moito a saúde.
Facer un uso excesivo dos videoxogos
pode facer que teñamos problemas de costas, de vista ou mesmo, o non exercitar
o corpo, leva a un mal desenvolvemento corporal.
Facer 30 minutos mínimo de actividade
física ao día mellora o rendemento escolar e o ánimo. Pero nunca debe
converterse nunha obrigación, debe ser divertido e débese gozar. É bo organizar
actividades ao aire libre en familia para gozar todos xuntos.
3. Limitacións cos dispositivos
móbiles e TV
Os nenos pasan fronte ás pantallas
entre tres e cinco horas diarias cando o recomendable é dunha a dúas horas
máximo. Recordade que debemos ver un tipo de canles que sexan aptos para a nosa idade.
Poñede
en práctica estes consellos que seguro que farán que vos atopedes mellor!
Hoxe
imos lembrar cales son os hábitos saudables. Le atentamente o seguinte texto e
mira os vídeos (se é posible acompañado). Anota nun papel todo o que poderías
mellorar e tenta aplicalo no teu día a día.
OS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES
Uns bos hábitos desde pequenos axúdannos
a ter un bo desenvolvemento tanto físico como mental, en definitiva unha vida
máis sa e feliz. Aquí vos deixamos unha lista de hábitos de vida saudables que
podedes aplicar no día a día.
1. Alimentación
Unha boa alimentación fai que teñamos
máis enerxía, axúdanos a previr enfermidades e contribúe a que crezamos fortes
e sans.
Importante:
·Establecer horarios para a comida para afacer ao corpo a unha
rutina.
·Facer unha planificación semanal para que as comidas sexan
equilibradas e variadas. t Tomar cinco pezas de froitas e verduras diarias.
·Realizar un bo almorzo para ir con enerxía ao colexio pola
mañá.
·Tomar carne sen graxa, peixe e ovos.
·Gozar en familia do momento de polo menos una das comidas.
Evitar:
·As comidas graxas e fritas.
·Petiscar entre horas.
·A comida rápida.
·A “bollería” industrial.
2. Hidratación
O risco de deshidratación é maior nos
nenos que nos adultos debido a que a súa temperatura corporal aumenta máis
rápido.
Os expertos recomendan que os máis
pequenos leven unha botella de auga mineral para que durante o día poida ir
hidratándose.
Unha boa hidratación axuda a manter
hidratados os órganos e é necesaria para que o noso organismo se desfaga das
toxinas , así como manter a temperatura corporal.
Dependendo da idade dos máis
pequenos, é importante saber que cantidade de auga necesitan beber. Por
exemplo, o Instituto de Auga e Saúde recomenda que os nenos de entre 4 e 8 anos
deben beber 1,2L de auga ao día.
3. Hixiene
A hixiene é esencial no día a día.
Hai que lavar os dentes despois de cada comida, enxaboar ben o corpo na ducha e
lavar o pelo. É moi importante lavar moi ben as mans antes de comer para
eliminar calquera tipo de bacteria.
4. Saúde bucodental
En relación coa hixiene hai que facer
fincapé na saúde oral. As enfermidades bucodentais poden aparecer debido a unha
mala alimentación e por non facer unha boa técnica de limpeza ao lavar os
dentes. É moi importante que desde ben pequenos introduzamos nas nosas tarefas
diarias limpar moi ben os dentes.
Como se lavan os dentes?
Quédannos
aínda tres hábitos importantes que repasaremos mañá. Gardade o papel para
seguir anotando!