SEMANA DO 15 AO 21 DE XUÑO
Ola chicas e chicos!!!!!!!!!
Xa chegamos ao final deste curso. Nuns días vacacións!!!!!!!!
Seguro que o estades desexando...
Tedes razón. Ben merecedes un descanso polo gran traballo que fixéchedes e a
paciencia que demostráchedes no confinamento.
Agora imos coas actividades de Música:
1. Xogo "ADIVIÑA A CANCIÓN": simplemente tedes que escoitar unha canción e
adiviñar cal é de 3 opcións para escoller. Importante: para escoitar a canción tedes
que premer no "play" que hai no centro dunhas barriñas verdes que se moven.
Veña, a ver cantas acertades!!!!!!! A maioría as escoitamos na clase.
Premede na imaxe para xogar:
2. Coreografías.
Para rematar, imos mover as cadeiras!!!!!!!
Déixovos unha selección de bailes pero non hai que facelos todos. Se queredes si,
claro! Se non escolledes o que prefirades.
Premede aquí
SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO
Ola guapísimas e guapísimos!!!!!
Que tal estades?
Esta semana, como tarefas de Música, tedes uns xoguiños.
Mándovos unha páxina con diferentes xogos: crebacabezas, "memory", sopa de letras, aforcados...
Hai moitos e non tedes que facelos todos. Ademais, algúns son un pouco difíciles aínda que iso non é problema para vós.
Agardo que pasedes un momentiño agradable.
Premede aquí para xogar e a pasalo ben!!!!!!!!!
SEMANA DO 1 AO 7 DE XUÑO
Ola a todos e todas!!!!
Xa comezamos o mes de xuño e queda pouquiño para
as vacacións!!!!!!!
Un último esforzo para rematar o curso. Veña!!
Un último esforzo para rematar o curso. Veña!!
Lembrades a peli do outro día? Falaba dun músico
moi famoso: MOZART!!!! Que sendo máis xoven que
vós xa compoñía música.
Hoxe imos ler máis sobre a súa vida e facer unha
fichiña interactiva. Explícovos o que hai que facer:
- Xusto ao comezar a ficha, debaixo do título "Mozart", pon "PULSA AQUÍ PARA LEER LA HISTORIA". Premedes aí e ábrese outra xanela onde fala un pouquiño sobre Mozart.
- Logo volvede a ficha e contestade ás preguntas.
- Cando rematedes premedes en "TERMINADO" (abaixo de todo) e logo en "ENVIAR A MI PROFESORA". Cubrides os datos e no meu email poñedes: mariamuras@edu.xunta.gal.
Premede aquí para facer a ficha.
Bicos a moreas!!!!!!!!!
SEMANA DO 25 AO 31 DE MAIO
Ola!!!!!!!
Que bo tempo fai!!!!!!!Xa parece que chegou o verán. Queda pouquiño e para as vacacións tamén.
Mentres aí van unhas actividades musicais.
Primeiro, un xogo para estar moi atentos. Xa que non podemos tocar os instrumentos da clase aquí tedes un xilófono virtual.
Unha vez premedes en "iniciar", a baqueta vai tocar unhas notas e cando para, tedes que reproducilas vós exactamente igual. Ao principio é moi fácil pero pouco a pouco van aparecendo máis notas e complícase. Ánimo!Que seguro que o facedes moi ben.
Premede aquí para comezar a xogar.
Logo imos coñecer un pouco máis a un gran músico: Mozart!. Seguro que todos o coñecedes, non?
Premede aquí para ver unha peli curtiña sobre a súa vida.
SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO
Ola chicas e chicos!!!!!!!!
Xa se respira tempo de verán, verdade?
Aproveitade o sol e mentres estades na casa facede tamén as tarefas de música.
Esta semana imos facer un xogo de ritmo.
Fixádevos neste debuxiño:
Na parte de arriba hai uns monos tocando os timbais e o triángulo, verdade?
Se lle dades ao "play" (no trianguliño gris do medio) van comezar a tocar. Están facendo o
ritmo de abaixo marcado por unhas liñas verticais e uns círculos amarelos. Os círculos
marcan os golpes no instrumento.
Primeiro intentade dar unha palmada nos círculos para acompañalos. Parece sinxelo...
Cando rematedes podedes crear ritmos vós. Se premedes nas liñas verticais de abaixo
podedes introducir máis instrumentos.
Hai catro diferentes. Se premedes na frecha da dereita pasa ao seguinte.
Probade!!!!!!!!!!Xa veredes que divertido!!!
Premede aquí para iniciar o xogo.
E por último imos poñer un poquiño de música feita en Galicia para celebrar que o domingo
17 de maio foi o Día das Letras Galegas.
Premede aquí e a bailaaaaaaaaaaaaaaar!!!!!!!!!
SEMANA DO 11 AO 17 DE MAIO
Ola queridísimas e queridísimos!!!!!
Alá imos coas actividades musicais desta semana!
En primeiro lugar tedes unha fichiña para repasar os instrumentos e o seu son.
TEDES QUE ABRIR BEN AS ORELLAS!!!!!!!
Premede nos distintos audios e logo unide co instrumento que corresponda.
É importante que escoitedes os audios ata o final, xa que se lle dades ao seguinte van soar xuntos.
Logo podedes mandar a ficha a: mariamuras@edu.xunta.gal.
Así comprobo que vos saiu moi ben!
Identifiquem el so dels instruments, una ficha interactiva de Fryluka
liveworksheets.com
liveworksheets.com
E para rematar unha peli... "PEDRO Y EL LOBO" que ten música de Sergei Prokofiev. Si, un nome un pouco raro.
Premede aquí para vela.
Bicos a esgalla!!!!!!!!!!
SEMANA
DO 4 AO 10 DE MAIO
Ola
a todos e todas!!!!!!! Como vai iso?
Seguimos
esta semana coas familias instrumentais!!! Xa estudamos
a familia de
corda e a de vento. Agora toca a FAMILIA DE
PERCUSIÓN.
Premede
aquí para aprender máis sobre eles.
Xa
sabedes que hai moitos máis. Na clase temos
algúns, verdade?
Pois
nestes crebacabezas atoparedes máis.
Premede aquí.
Lembrade darlle ao “play”
(no triánguliño de abaixo) para escoitar a música mentres os facedes.
E
por último un sinxelo baile, o Bugui-Bughi”, para meterlle un
pouco de ritmo ao corpo.
Premede aquí.
Boa
semana... e que non pare a música!!!!!!!!
SEMANA DO 27 AO 3 DE ABRIL
OLA
CHICOS E CHICAS!!!!!
QUE
TAL? XA FÚCHEDES DAR UNHA VOLTA? SE SAÍDES Á RÚA CON MOITO
SENTIDIÑO!! E SE NON, NON VOS PREOCUPEDES, PRONTO ESTAREDES CORRENDO
POR AÍ.
AQUÍ
TEDES AS ACTIVIDADES DE MÚSICA DESTA SEMANA.
BICOS
GRANDES!!!!!
-
SEGUIMOS COA TEMÁTICA INSTRUMENTAL. SE A SEMANA PASADA TOCOULLE OS INSTRUMENTOS DE CORDA, AGORA É A QUENDA DOS DE INSTRUMENTOS DE VENTO!!PREMEDE AQUÍ PARA APRENDER MÁIS SOBRE ELES.INTERESANTE, NON? POIS AGORA IMOS FACER UNHA SOPA DE LETRAS NA QUE SAEN ESES INSTRUMENTOS. A VER SE OS ATOPADES TODOS! PREMEDE AQUÍ
-
PARA REMATAR... IMOS FACER MEMORIA...LEMBRADES A CANCIÓN “VEN COMIGO”? SI, AQUELA QUE FACÍAMOS CON LINGUA DE SEÑAS. SEGURO QUE VOS SAE MELLOR CA PROFE...QUE XA NON SE ACORDA.PREMEDE AQUÍ E VIAXADE NO TEMPO ATA 1º!!!!!!!
Ola!!!!
Como vai?
Agardo
que todo ben!! Ánimo que queda menos para saír á rúa!
Mentres...
aí van unhas actividades musicais para non perder o ritmo.
-
Imos mirar o tema dos INSTRUMENTOS MUSICAIS. Sabedes que os dividimos en familias: corda, vento e percusión.Hoxe, ímonos parar nos instrumentos de corda. Como o seu nome indica, son instrumentos que teñen cordas e o seu son prodúcese cando estas vibran. Premede aquí para aprender un pouquiño máis!Despois de ver o vídeo, toca facer uns crebacabezas instrumentais. Son 4 e, antes de pasar ao seguinte, activade o “play” abaixo para escoitar a música. Xa veredes que bonito!
-
E para rematar ... a mover o esqueleto co tema dos Minions!!
Boa semana...e
que non pare a música!!!!!!!!!!!!
Música
Ola!!!!!
Que
tal de vacacións?Xogando moito, non?
Imos
comezar o trimestre lembrando unha canción que vimos na clase,
“Simamaka”. É unha canción tradicional africana, concretamente
de Ghana. Se buscades este país no mapa de abaixo, douvos unha
pistiña: está en rosa!
A
cantar e a facer a percusión corporal que fan as chicas no vídeo.
Veña, que vos saía moi ben!!!!!!
Música
Ola
chicas e chicos!
Como o levades? Agardo que todo vaia ben!
Aquí
van algunhas actividades de música para aprender
e pasar un rato divertido.
e pasar un rato divertido.
-
Xogos de discriminación auditiva e para lembrar osinstrumentos musicais:
-
Titorial para fabricar o teu propio instrumento de música.
Neste vídeo explican como facer instrumentos musicais con materiais de
refugallo.
Iso si... ides precisar a axuda dun adulto!!. Moitos materiais os teredes na
casa; ao mellor non todos pero podedes botarlle un pouco de imaxinación e
cambiar o que queirades.
A ver se á volta ao cole me ensinades algún
instrumento!
-
Move o esqueleto!!!!!Aquí vos vai o baile “Get Ready to Wiggle” para que nonquededes oxidados e oxidadas. ÁNIMO!!!!!!
Hola profe María, soy Carla de 2ºA, la clase de instrumentos de cuerda fue muy chula y quiero aprender a tocar el violin
ResponderEliminarhola soy uxia de 2ªc y me gusto todo lo de musica
EliminarAlégrome un montón Uxía!!!!!!!!
EliminarSigue así.
Muac, muac....
María
Ola Carla!! Pois lévome unha alegría. O violín é un instrumento moi chulo e seguro que o fas xenial.
ResponderEliminarUn biquiño grande! Vémonos pronto.
Ola maría gustoume moito o xogo dos monos tocando os timbais e o triangulo.Emoi divertido xa fixen moitos ritmos novos
ResponderEliminarun bico
Martín de 2ºB
Ola Martín!!!!!!!
ResponderEliminarAlégrome moito de que che gustara e tamén ver onte que ben tocas a guitarra eléctrica. Os instrumentos requiren moito esforzo e dedicación pero tamén dan moitas alegrías. Segue practicando, xa verás!!!!
Unha aperta enorme!!!!!!
María
hola María!!!! Soy Carla 2ºA , estoy intentando mandarte los ejercicios de Mozart y me pone que el e-mail no esta registrado.
ResponderEliminarOla Carla!!
ResponderEliminarNon te preocupes. O e-mail está ben xa que me chegaron traballos doutros compañeiros e compañeiras.
O máis probable é que esté saturada a páxina. Ás veces falla.
Se queres volve a intentalo noutro momento pero non pasa nada. Xa conto que o fixeches!!!
Un bico grande guapiña!!!!!!
María