31/03/2020
COMPRENSIÓN LECTORA
Indo un miuñeiro para a feira, saíulle ao paso un anano.
- E logo, onde vas?-díxolle
O muiñeiro contoulle que ía vender o trigo, e tamén que tiña nove fillos e era moi pobre. Daquela, o anano ofreceulle a súa axuda.
- Vai á feira, que cando volvas has de ter máis trigo aquí. Pero isto ten que ser un segredo. Se llo contas a alguén, acábase a moenda.
E así foi. Á volta, estaba o anano esperando, cargado de trigo. Desde entón, cada vez que había feira pasaba o mesmo. Pero un día, o muiñeiro contoulle o segredo o seu fillo. Nese momento, empezou a chover tasnto que houbo unha enchente no regato e arrastrou o muíño.
1. Que ía a facer o muiñeiro na feira?
2. Por que lle ofrece o anano a súa axuda?
3. Que pasou cando o muiñeiro contou o segredo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario