Bos días a todos e a todas, sabemos que estes días están
sendo complicados, sobre todo por que as situacións son moi diferentes, hai
pais que traballan os dous fora e os nen@s quedan con avós, tíos; outros quedan
na casa teletraballando polo que resulta moi complicado conciliar o traballo,
as actividades escolares dos nenos, o confinamento, ...
Por todo iso, isto non é unha carreira é unha maratón. O
importante é chegar, polo que facede o que poidades, @s nen@s adáptanse a todo,
o importante é que todos e todas esteedes ben nestes días de reclusión na casa,
onde cambian un montón de cousas e non é cuestión de facer manualidades,
exercicio, actividades escolares, limpeza, ... e o final non damos feito todo e
cansámonos.
SODES XENTE
MARABILLOSA E ESPERAMOS VEROS A TOD@S CANDO ACABE TODO ISTO.
MOITA FORZA,
ENERXÍA, RISAS E COMO NON MOITOS BICOS E APERTAS VIRTUAIS DAS TITORAS DE 2º
Hola!!! Soy Carla de 2ºA ,os echo de menos. Besos.
ResponderEliminar