Hoxe rematan as clases e as profes despedímonos. Foi un pracer estar con vós este tempo, vervos medrar e aprender moitas cousas, rir con vós e, á veces, chorar. Nós as profes tamén aprendimos moito de vós.
Esperamos que pasedes un verano xenial, cheo de risas e diversión. O vindeiro curso nos vemos no cole, xa en 3º! Botarémosvos moito de menos pero nos encantará vervos no cole, facéndovos nen@s maiores. Esperamos que sempre teñades un saúdo para nós.
Bo día:
Informámosvos de que xa tedes dispoñibles os boletíns de calificacións na App Abalar. Lembrade que é posible que a páxina atópese saturada nalgúns momentos. Tede paciencia e seguide intentándoo. Un saúdo das titoras de 2º.
HOY NOS HA LLEGADO UN DIPLOMA PARA AGRACEDER NUESTRO TRABAJO EN LA REDUCCIÓN DE PLÁSTICOS EN NUESTRO CENTRO ESCOLAR. Y LO QUEREMOS COMPARTIR CON VOSOTROS Y VOSOTRAS, QUE SOIS LOS ARTÍFICES DE QUE LO HAYAMOS CONSEGUIDO. MUCHAS GRACIAS A TOD@S.
A semana pasada estivemos a repasar os hábitos
saudables. Hoxe imos afondar nun moi importante: a dieta saudable.
Lembras os alimentos que debes tomar con maior
frecuencia? Imos refrescar a memoria vendo o seguinte vídeo.
A
DIETA SAUDABLE
Unha
dieta debe ser equilibrada e suficiente. Equilibrada,
cando nos achega a cantidade adecuada de cada nutriente; suficiente,
cando nos achega a enerxía que necesitamos, pero non máis.
Cales
son as recomendacións para unha dieta saudable?
·Facer 5 comidas ao día.
·Tomar alimentos variados.
·Non abusar de alimentos
preparados.
·Non tomar moito sal.
Para
que serve a roda da alimentación?
Axúdanos
a conseguir unha dieta equilibrada. Divídese en grupos de alimentos.
Necesitamos tomar alimentos de todos os grupos, pero máis dos que ocupan máis
espazo. No centro inclúense dúas cousas esenciais: tomar moita auga e facer
exercicio.
A
roda tamén podes atopala en forma de pirámide.
Lembra
que debemos tomar moita froita e verdura e alimentos con hidratos de carbono
(mellor se son integrais). Non habemos de abusar de doces e pasteis, nin carnes
roxas e graxas de orixe animal.
Agora
imos ver o seguinte vídeo sobre a pirámide alimentaria.
Tenta
responder as seguintes preguntas:
·Comes moi pouco ou nada de “bollería”
e chuches?
·Comes todo tipo de proteínas
(peixe, carne e ovos) ? Comes máis peixe que carne?
·Tomas lácteos a diario
(entre unha e tres veces ao día)?
·Tomas cinco racións ao día
de verdura e froita?
·Lembras cales eran os
hidratos de carbono? Tomas algún deles a diario?
Se
respondiches a todo que si, e fas deporte e bebes moita auga, parabéns, porque
crecerás forte e san!
DEDICADO A TODAS LAS FAMILIAS QUE NOS HAN ACOMPAÑADO EN ESTOS DOS AÑOS MARAVILLOSOS. QUE NOS HABÉIS DEJADO A LO MÁS PRECIADO VUESTROS HIJOS E HIJAS. HEMOS CRECIDO, APRENDIENDO, RIENDO, JUGANDO, DESCUBRIENDO, EXPERIMENTANDO, ...
OS LLEVAREMOS EN NUESTRO CORAZÓN.
MUCHAS GRACIAS DE PARTE DE LAS TUTORAS DE SEGUNDO.
El doble de 2, es dos veces dos 2+2 = 4, es decir el doble consiste en que Juan tiene 2 y Juana otros 2.
La mitad es repartir, Juan tiene 6, al repartir con Juana, ella tiene ahora 3. La mitad de 6 es 3.
Para repasarlo vamos con dos juegos, uno de mitad y otro de doble.
Sabiades
que o 8 de xuño se celebra o Día Mundial dos Océanos? Mirade o seguinte vídeo:
O 8
de xuño é unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a
importancia que teñen os océanos para todas as especies, xa que representan o
principal pulmón do planeta, e son os responsables de xerar o osíxeno e lograr
o equilibrio ecolóxico tanto acuático como terrestre.
Os
océanos son moi importantes porque son a principal fonte de vida. Con todo, a
través dos anos a humanidade provocou un gran dano e total destrución dos mares
e océanos.
Cada
ano son miles as especies de plantas e animais que se extinguen debido á gran
cantidade de desperdicios e axentes contaminantes que son depositados nas augas
do mar e, aínda que algúns gobernos tomaron medidas para emendar o problema, non foron suficientes para evitar a extinción
de grandes ecosistemas mariños que morren por estas causas.
Os
océanos representan o gran pulmón do mundo, xa que deles obtemos o osíxeno, e
no seu ciclo natural dáse un proceso de filtración e purificación do aire.
Dos
océanos os seres humanos obtemos alimento, e extraemos recursos enerxéticos
como o gas ou o petróleo, metais preciosos…
Mirade
o seguinte vídeo atentamente. Entre todos imos tomar conciencia dos importantes
que son os océanos e imos evitar facer calquera cousa que os prexudique.
Agora
xa sabedes o importantes que son os océanos para o planeta. Ollo co lixo que
tiramos, porque a maioría vai parar ao fondo do mar.
1. A las 12 de la mañana salen 11 coches del aparcamiento. En ese momento, el conserje cuenta 38 coches dentro del aparcamiento. Calcula los coches que había al principio.
2. Julia tiene 363 cromos y Elsa tiene 114 menos que ella. Calcula los cromos que tiene Elsa.
3. La Bruja del Bosque Verde celebra su 100 cumpleaños. A su fiesta asistirán sus 7 hermanas y todos los animales del bosque: 212 búhos, 31 lagartijas y 25 murciélagos. ¿Cuántos animales asistirán a su fiesta del cumpleaños?
4. Cristina tiene una cuerda que mide 126 cm. Esta semana ha comprado otra que mide 185 cm. Si une las dos cuerdas, calcula los centímetros que tiene la cuerda.
Hoxe
, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Sabes como se celebra?
Pensa
que cousas podes facer ti para coidar o medio ambiente e anótaas nun papel. A
que se che ocorren moitas?
Agora
fai clic no seguinte vídeo, comproba se che esqueceu algo e engádeo á túa
lista.
Pasa
a limpo esa lista, decóraa e cólgaa nun lugar visible. Así todos na casa lembraredes
que hai que facer para coidar o medio ambiente. O planeta agradecerávolo!
Para
finalizar, aquí vos deixo unha canción sobre o medio ambiente.
AVISO: LA FICHA PUEDE DAR ERROR EN ALGUNAS ORACIONES. Podéis hacerla igual y dejar la que no podais poner. Hoy vamos a trabajar ordenar frases para formar oraciones. Vamos a hacer dos fichas una más fácil y otra un poco más difícil.
Bos días, lembrade que hoxe 2ºC non ten recreo virtual. Esta semana será o venres ás 11:30.
A semana que vén continuaremos co horario habitual.
Un saúdo
Hoy vamos a utilizar un juego para recordar el concepto de repartir. Repartir es darle a cada uno la misma cantidad de cosas. Ejemplo: Tengo seis caramelos y los voy a repartir entre dos amigos. A cada amigo, le doy tres caramelos.
Pues vamos con el juego, seguro que después de jugar lo tenéis aún mas claro.
Volvemos cun quizizz de lingua galega. Estos vos resultan algo mais difíciles, así que, hai que fixarse ben. Lembrade poñer nome e curso, e que podedes realizar varios intentos. Estará activo ata o sábado.
Bos días. Infórmovos de que esta semana o recreo virtual da clase de 2ºC cámbiase para o venres ás 11:30.
A semana que vén continuaremos co horario habitual.
Un saúdo
Vamos allá con unos cuantos problemas. Recordamos los pasos: 1. Leemos con atención. 2. Volvemos a leer y subrayamos datos y pregunta. 3. Copiamos datos y pensamos que operación hay que hacer. 4. Realizamos la operación y escribimos la solución. A. He ido a la papelería y compré 2 lapices a 50 céntimos cada uno, y tres gomas a 15 céntimos cada una. ¿Cuánto gasté? Si tenía 325 céntimos, ¿cuánto dinero me sobra? B. El curso de primero se va de excursión, si hay 37 niñas y en total son 61.¿ Cuántos niños hay en primero? Si al final van también 59 de segundo, ¿cuántos alumnos van ahora? C. Invéntate un problema de sumar con estes datos, 167 y 323.
Imos
continuar cos hábitos saudables que empezamos a repasar onte.
Quédannos
tres. Tedes o papel para seguir anotando todo o que podedes mellorar?
Comezamos!
1. Sono
É importante durmir unhas 8 horas
diarias para que a mente e o corpo poidan descansar e liberar tensións. Crear rutinas
para a hora de deitarse axuda a crear un bo hábito do sono.
Algunhas pautas a seguir son:
·Establecer un horario para deitarse.
·Rodearse dun ambiente tranquilo e cómodo, unha luz tenue que
convide á relaxación.
·Cear alimentos lixeiros.
·Non beber moito antes de deitarse.
·Non utilizar dispositivos dixitais antes de ir para cama
porque que fan que te actives. É moito mellor ler un conto.
A falta de sono pode afectar
negativamente o estado de ánimo, do mesmo xeito que a capacidade para concentrarte
nas tarefas diarias.
2.
Exercicio físico
Investigacións destacan que facer
exercicio físico todos os días, axuda a mellorar moito a saúde.
Facer un uso excesivo dos videoxogos
pode facer que teñamos problemas de costas, de vista ou mesmo, o non exercitar
o corpo, leva a un mal desenvolvemento corporal.
Facer 30 minutos mínimo de actividade
física ao día mellora o rendemento escolar e o ánimo. Pero nunca debe
converterse nunha obrigación, debe ser divertido e débese gozar. É bo organizar
actividades ao aire libre en familia para gozar todos xuntos.
3. Limitacións cos dispositivos
móbiles e TV
Os nenos pasan fronte ás pantallas
entre tres e cinco horas diarias cando o recomendable é dunha a dúas horas
máximo. Recordade que debemos ver un tipo de canles que sexan aptos para a nosa idade.
Poñede
en práctica estes consellos que seguro que farán que vos atopedes mellor!
Hoxe
imos lembrar cales son os hábitos saudables. Le atentamente o seguinte texto e
mira os vídeos (se é posible acompañado). Anota nun papel todo o que poderías
mellorar e tenta aplicalo no teu día a día.
OS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES
Uns bos hábitos desde pequenos axúdannos
a ter un bo desenvolvemento tanto físico como mental, en definitiva unha vida
máis sa e feliz. Aquí vos deixamos unha lista de hábitos de vida saudables que
podedes aplicar no día a día.
1. Alimentación
Unha boa alimentación fai que teñamos
máis enerxía, axúdanos a previr enfermidades e contribúe a que crezamos fortes
e sans.
Importante:
·Establecer horarios para a comida para afacer ao corpo a unha
rutina.
·Facer unha planificación semanal para que as comidas sexan
equilibradas e variadas. t Tomar cinco pezas de froitas e verduras diarias.
·Realizar un bo almorzo para ir con enerxía ao colexio pola
mañá.
·Tomar carne sen graxa, peixe e ovos.
·Gozar en familia do momento de polo menos una das comidas.
Evitar:
·As comidas graxas e fritas.
·Petiscar entre horas.
·A comida rápida.
·A “bollería” industrial.
2. Hidratación
O risco de deshidratación é maior nos
nenos que nos adultos debido a que a súa temperatura corporal aumenta máis
rápido.
Os expertos recomendan que os máis
pequenos leven unha botella de auga mineral para que durante o día poida ir
hidratándose.
Unha boa hidratación axuda a manter
hidratados os órganos e é necesaria para que o noso organismo se desfaga das
toxinas , así como manter a temperatura corporal.
Dependendo da idade dos máis
pequenos, é importante saber que cantidade de auga necesitan beber. Por
exemplo, o Instituto de Auga e Saúde recomenda que os nenos de entre 4 e 8 anos
deben beber 1,2L de auga ao día.
3. Hixiene
A hixiene é esencial no día a día.
Hai que lavar os dentes despois de cada comida, enxaboar ben o corpo na ducha e
lavar o pelo. É moi importante lavar moi ben as mans antes de comer para
eliminar calquera tipo de bacteria.
4. Saúde bucodental
En relación coa hixiene hai que facer
fincapé na saúde oral. As enfermidades bucodentais poden aparecer debido a unha
mala alimentación e por non facer unha boa técnica de limpeza ao lavar os
dentes. É moi importante que desde ben pequenos introduzamos nas nosas tarefas
diarias limpar moi ben os dentes.
Como se lavan os dentes?
Quédannos
aínda tres hábitos importantes que repasaremos mañá. Gardade o papel para
seguir anotando!
Estamos moi contentas coa multitude de cousas que estades a facer na casa. E gústanos que as compartades con todos nos. Seguide mandando fotos, que nos iremos publicando. Xa queda menos para vernos.
Hoxe imos
escribir sobre unha imaxe. Tendes que contestar as seguintes preguntas e logo, facer un texto.
Que é?
A que están xogando?
Onde están?
Agora escribe un texto co que contestaches nesas
preguntas. Exemplo: Esta fin de semana, a familia López saiu a pasear polo campo. Como estaban algo aburridos decidiron ....