CONTINUAMOS
COS HÁBITOS SAUDABLES
Bos
días!
Imos
continuar cos hábitos saudables que empezamos a repasar onte.
Quédannos
tres. Tedes o papel para seguir anotando todo o que podedes mellorar?
Comezamos!
1. Sono
É importante durmir unhas 8 horas
diarias para que a mente e o corpo poidan descansar e liberar tensións. Crear rutinas
para a hora de deitarse axuda a crear un bo hábito do sono.
Algunhas pautas a seguir son:
·
Establecer un horario para deitarse.
·
Rodearse dun ambiente tranquilo e cómodo, unha luz tenue que
convide á relaxación.
·
Cear alimentos lixeiros.
·
Non beber moito antes de deitarse.
·
Non utilizar dispositivos dixitais antes de ir para cama
porque que fan que te actives. É moito mellor ler un conto.
A falta de sono pode afectar
negativamente o estado de ánimo, do mesmo xeito que a capacidade para concentrarte
nas tarefas diarias.
2.
Exercicio físico
Investigacións destacan que facer
exercicio físico todos os días, axuda a mellorar moito a saúde.
Facer un uso excesivo dos videoxogos
pode facer que teñamos problemas de costas, de vista ou mesmo, o non exercitar
o corpo, leva a un mal desenvolvemento corporal.
Facer 30 minutos mínimo de actividade
física ao día mellora o rendemento escolar e o ánimo. Pero nunca debe
converterse nunha obrigación, debe ser divertido e débese gozar. É bo organizar
actividades ao aire libre en familia para gozar todos xuntos.
3. Limitacións cos dispositivos
móbiles e TV
Os nenos pasan fronte ás pantallas
entre tres e cinco horas diarias cando o recomendable é dunha a dúas horas
máximo. Recordade que debemos ver un tipo de canles que sexan aptos para a nosa idade.
Poñede
en práctica estes consellos que seguro que farán que vos atopedes mellor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario