DÍA
MUNDIAL DOS OCÉANOS
Sabiades
que o 8 de xuño se celebra o Día Mundial dos Océanos? Mirade o seguinte vídeo:
O 8
de xuño é unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a
importancia que teñen os océanos para todas as especies, xa que representan o
principal pulmón do planeta, e son os responsables de xerar o osíxeno e lograr
o equilibrio ecolóxico tanto acuático como terrestre.
Os
océanos son moi importantes porque son a principal fonte de vida. Con todo, a
través dos anos a humanidade provocou un gran dano e total destrución dos mares
e océanos.
Cada
ano son miles as especies de plantas e animais que se extinguen debido á gran
cantidade de desperdicios e axentes contaminantes que son depositados nas augas
do mar e, aínda que algúns gobernos tomaron medidas para emendar o problema, non foron suficientes para evitar a extinción
de grandes ecosistemas mariños que morren por estas causas.
Os
océanos representan o gran pulmón do mundo, xa que deles obtemos o osíxeno, e
no seu ciclo natural dáse un proceso de filtración e purificación do aire.
Dos
océanos os seres humanos obtemos alimento, e extraemos recursos enerxéticos
como o gas ou o petróleo, metais preciosos…
Mirade
o seguinte vídeo atentamente. Entre todos imos tomar conciencia dos importantes
que son os océanos e imos evitar facer calquera cousa que os prexudique.
Agora
xa sabedes o importantes que son os océanos para o planeta. Ollo co lixo que
tiramos, porque a maioría vai parar ao fondo do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario