HÁBITOS
SAUDABLES
Hoxe
imos lembrar cales son os hábitos saudables. Le atentamente o seguinte texto e
mira os vídeos (se é posible acompañado). Anota nun papel todo o que poderías
mellorar e tenta aplicalo no teu día a día.
OS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES
Uns bos hábitos desde pequenos axúdannos
a ter un bo desenvolvemento tanto físico como mental, en definitiva unha vida
máis sa e feliz. Aquí vos deixamos unha lista de hábitos de vida saudables que
podedes aplicar no día a día.
1. Alimentación
Unha boa alimentación fai que teñamos
máis enerxía, axúdanos a previr enfermidades e contribúe a que crezamos fortes
e sans.
Importante:
·
Establecer horarios para a comida para afacer ao corpo a unha
rutina.
·
Facer unha planificación semanal para que as comidas sexan
equilibradas e variadas.
t Tomar cinco pezas de froitas e verduras diarias.
t Tomar cinco pezas de froitas e verduras diarias.
·
Realizar un bo almorzo para ir con enerxía ao colexio pola
mañá.
·
Tomar carne sen graxa, peixe e ovos.
·
Gozar en familia do momento de polo menos una das comidas.
Evitar:
·
As comidas graxas e fritas.
·
Petiscar entre horas.
·
A comida rápida.
·
A “bollería” industrial.
2. Hidratación
O risco de deshidratación é maior nos
nenos que nos adultos debido a que a súa temperatura corporal aumenta máis
rápido.
Os expertos recomendan que os máis
pequenos leven unha botella de auga mineral para que durante o día poida ir
hidratándose.
Unha boa hidratación axuda a manter
hidratados os órganos e é necesaria para que o noso organismo se desfaga das
toxinas , así como manter a temperatura corporal.
Dependendo da idade dos máis
pequenos, é importante saber que cantidade de auga necesitan beber. Por
exemplo, o Instituto de Auga e Saúde recomenda que os nenos de entre 4 e 8 anos
deben beber 1,2L de auga ao día.
3. Hixiene
A hixiene é esencial no día a día.
Hai que lavar os dentes despois de cada comida, enxaboar ben o corpo na ducha e
lavar o pelo. É moi importante lavar moi ben as mans antes de comer para
eliminar calquera tipo de bacteria.
4. Saúde bucodental
En relación coa hixiene hai que facer
fincapé na saúde oral. As enfermidades bucodentais poden aparecer debido a unha
mala alimentación e por non facer unha boa técnica de limpeza ao lavar os
dentes. É moi importante que desde ben pequenos introduzamos nas nosas tarefas
diarias limpar moi ben os dentes.
Como se lavan os dentes?
Quédannos
aínda tres hábitos importantes que repasaremos mañá. Gardade o papel para
seguir anotando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario