A semana pasada estivemos a repasar os hábitos
saudables. Hoxe imos afondar nun moi importante: a dieta saudable.
Lembras os alimentos que debes tomar con maior
frecuencia? Imos refrescar a memoria vendo o seguinte vídeo.
A
DIETA SAUDABLE
Unha
dieta debe ser equilibrada e suficiente. Equilibrada,
cando nos achega a cantidade adecuada de cada nutriente; suficiente,
cando nos achega a enerxía que necesitamos, pero non máis.
Cales
son as recomendacións para unha dieta saudable?
·
Facer 5 comidas ao día.
·
Tomar alimentos variados.
·
Non abusar de alimentos
preparados.
·
Non tomar moito sal.
Para
que serve a roda da alimentación?
Axúdanos
a conseguir unha dieta equilibrada. Divídese en grupos de alimentos.
Necesitamos tomar alimentos de todos os grupos, pero máis dos que ocupan máis
espazo. No centro inclúense dúas cousas esenciais: tomar moita auga e facer
exercicio.
A
roda tamén podes atopala en forma de pirámide.
Lembra
que debemos tomar moita froita e verdura e alimentos con hidratos de carbono
(mellor se son integrais). Non habemos de abusar de doces e pasteis, nin carnes
roxas e graxas de orixe animal.
Agora
imos ver o seguinte vídeo sobre a pirámide alimentaria.
Tenta
responder as seguintes preguntas:
·
Comes moi pouco ou nada de “bollería”
e chuches?
·
Comes todo tipo de proteínas
(peixe, carne e ovos) ? Comes máis peixe que carne?
·
Tomas lácteos a diario
(entre unha e tres veces ao día)?
·
Tomas cinco racións ao día
de verdura e froita?
·
Lembras cales eran os
hidratos de carbono? Tomas algún deles a diario?
Se
respondiches a todo que si, e fas deporte e bebes moita auga, parabéns, porque
crecerás forte e san!
No hay comentarios:
Publicar un comentario